16 marzo 2015

Morenas + Tabaco



11018777_792075874201787_1945134990768344898_o

Venres 20 de marzo ás 20.00: Morenas + Tabaco

Three is the magic number!

E ben o saben Morenas. Este trío ven dende Alicante para traernos o mellor da Costa Branca. Influenciados polo turismo británico e os 2×1 en copas, Morenas presentarán os temas do seu inminente “Tres”, que sairá á luz vía Discos Humeantes que sempre aporta unha garantía de calidade. Co selo asturiano xa viu a luz “Trio” (Discos Humeantes, 2013), ese disco que encheu de lágrimas de emoción a MondoSonoro, Notodo, VanishingPoint, Hipersónica e moitísimas máis publicacións.

Vídeo avance de “Tres”: https://www.youtube.com/watch?v=AKzSnhh-W44
Escóitaos “Trio” aquí: http://discoshumeantes.bandcamp.com/album/morenas-trio-lp

Ese post-punk garaxeiro, a tope de reverberación e coros, bailes e risas é o que teremos o pracer de ver o próximo venres 20.

E por se fora pouco, tamén teremos canda eles a Tabaco! Son dous, veñen de Carballo e lles gustan os pitis. Un toca en Arabian Evils e gusta de levar gorra, a outra aporreaba duramente en Franc3s! Aínda non teñen nada gravado pero pronto liarán cousas boas!

Todo por 5€ de donativo que irán íntegros para que Repsol lles enche o depósito de gasofa. Haberá papada e bebercio, bo ambiente e ó entrar levas un abrazo gratis.

Apertura de portas: 20:00h
Comezo aproximado: 20:30h