5 marzo 2018

Moura + Xhivä



amoura

Venres 9 de marzo ás 20.30: Moura + Xhivä
Non é sinxelo explicar o de Møura. Por aí adiante falouse de «experiencia lisérxica pangalaica, catarse cósmica e druídica», unha definición que é tan críptica como precisa. Os seus compoñentes beben de fontes diversas que van dende a psiquedelia sesenteira ata o folk galego pasando polo blues máis seminal ou o rock clásico. Cortes longos, intensos e sinuosos que por momentos poden lembrar polo que teñen de mántrico ós nosos vellos amigos de Guerrera (o 50% da súa formación milita agora en Møura) sen renunciaren a unha moi singular personalidade propia.


Xhivä, pola súa banda, están radicados no Grove e mergullan nas profundidades da experimentación progresiva quitándolle o aire ó persoal coas seus xogos de tensión e intensidade.

https://xhiva.bandcamp.com/

O donativo -integramente destinado ós artistas, coma sempre- é o que queirades pagar entre 5 e 8€.