11 febrero 2019

Movemarcos (Isaac Xubín+ O Leo)



movema

Sábado 16 de febreiro ás 20.30

Di o Dicionario da RAG: “Marco. Substantivo masculino. Pedra cravada no chan que sinala os lindes dunha terra.”
Basura propagandística, amiga. Os lindes son etiquetas, e os marcos están para movelos. A propiedade intelectual é un roubo. A terra para quen a traballa e a literatura para quen a deconstrúe. Se no 2018 a palabra do ano foi deseucaliptización, en 2019 a palabra de moda vai ser movemarcos.

Movemarcos é o proxecto de Isaac Xubín e Leo Arremecághona. Despois de presentar o seu proxecto en decembro na Matanza, na casa de Rosalía de Castro, agora chegan ao Liceo Mutante para facerte espertar. De Padrón a Mollavao hai tanta distancia como de Martutene a Zagreb e de Xubín a Matamá. Anna Marly, Lois Pereiro, Ruper Ordorika, Fran Cortegoso, Ian Curtis, Rosalía de Castro, Roger Waters, Chus Pato e Manuel Rivas van pasar polo Liceo Mutante o sábado 16 de febreiro.

Un vento vén, e trae aire fresco. Non perdas este evento.

Donativo entre 5 e 10 € destinado integramente aos artistas.