26 diciembre 2013

Mr. Magoo no Liceo Mutante



Mr magoo

O Liceo pecha a súa actividade musical do ano este sábado 28 cos caseiros pero universais Mr. Magoo.

Foi un ano que comezou accidentado pero temos que celebrar que seguimos aquí, e nada mellor que facelo con Alba Magoo, Koldo Magoo, Luis Magoo e Rafa Magoo, catro trouleiros namorados do beat e dos mellores sons de tódos os tempos.

Mira en que andan agora:
http://mrmagoo.bandcamp.com/

O último concerto do ano, marabillosa velada cos fantásticos Mr Magoo, só por treus simbólicos euriños de nada de donativo para a banda, ou directamente nada se xa és mutante.

Vémonos!