25 septiembre 2017

Mü + Cedezaoito



Sábado 30 de setembro ás 20.30

Pasamos lista á canteira pontevedresa a ver como vai ese vestuario.

O 30 de setembro estamos xa mergullados no outono e comezamos a abrazar a calor mutante. Vestirán aínda pantalón corto os Cedezaoito, insigne e querida formación, que andará a presentar a súa nova triloxía – a terceira -. Rock retorcido e xoguetón. Atende!
https://cedezaoito.bandcamp.com/album/tr-ada-iii

Veñen outros polvos daqueles lodos chamados Fingers, os nunca suficientemente venteados Mü. Non se deixan ver moito pero cando se deixan ver, sempre queres ver máis. Ídolos interrumpidos da nosa historia.
Mira paí rapás! https://goo.gl/bKdkuS

Sal das outras zonas de confort para entrar na túa zona de confort cultural, o Liceo, deixando un pouquiño de agarimo monetario (entre 5 e 8€, á vontade) para as artistas. Escoita, fala, participa, vente.