18 septiembre 2017

Mueran Humanos + Plástico



mueran

Mércores 20 de setembro ás 20.30

Salvaxe parella cun directo escuro, misterioso e demoledor de orixe arxentina pero afincados en Berlin dende hai moito tempo. Mueran Humanos constrúen as súas cancións a base de sons tensos e vibrantes dunha beleza subyugante, os tenebrosos teclados e voz de Carmen xunto co potente baixo de Tomás crean temazos que che van atrapando nas súas atmosferas de sedosas cadencias, opresivas e perigosas á vez, para implotar en crescendos hipnóticos e sexuais. Conviven nese lado escuro da fábrica onde Martin Rev de Suicide -con quen xiraron por Europa en múltiples ocasións- bébese un Martini con Can mentres pensamos en termos coma darkwave, postpunk e kraut. Unhas letras cativadoras e inquietantes con harmonías vocais que presaxian o eléctrico comezo da tormenta.
Dende que comezaron en 2006 compartiron escenario con Cult of Youth, Damo Suzuki (Can), Genesis P. Orridge (Psychic TV), entre moitos outros.
Neste tempo publicaron tres álbumes, sendo o último (Miseress) editado por ATP Recordings e coa colaboración do guitarrista de Jochen Arbeit (Einstürzende Neubauten, Die Haut)
Escoita:
https://mueranhumanos.bandcamp.com/

Mira:

Plástico fabrica sesións alucinóxenas que saltan do electro ao italo-disco ou ao rave techno, con sampleos que van de Gabriél Rufián a He-Man ou Antoñita Peñuela…
Nos seus dous singles ( «Plástico-2016» e «Músika Mákina-2017» ) máis aló do contido están os tempos, arpegios hipnóticos e un slogan en luces de neón.
Plástico non fai nada novo, pero ten a fórmula, un sampler, sintetizadores e caixas de ritmos.

Referencias
Boys Noize, Rex the Dog, Bawrut, Todd Terje, Bufi & A Royale, Clairo…

https://www.facebook.com/plasticochico/videos/286283928497269
https://soundcloud.com/user-312638042/musika-makina
https://www.facebook.com/plasticochico/

Achégate a vivir un concerto único no que será un mércores moi especial e colabora cos artistas aportando un donativo entre 5 e 8 euros. Haberá comida e bebida a bo prezo coma sempre.

Portas: 20.00
Plástico: 20.30
Mueran Humanos: 21.00