A ver rapaz.
Se non sabes quen son Mullet entón non mereces o amor que te entregamos cada fin de semana. Ademais do mellor peiteado da historia, son unha banda de Lugho. Eles fan un bo mugre-lofi-nowave-pop que vas quedar para dentro.
Aínda tes unha oportunidade de arrimarte ao seu novo aparello: Salmonete.
http://mullet.bandcamp.com/album/salmonete
Con membros dos mais ilustres cortellos (Vale Tudo, Devalo), e ademais fantásticos integrantes.
E se non sabes quen é Anido entón marcha para casa e non volvas. O home detrás dos mitos e inimitable personaxe que o mesmo comparte escenario con Betunizer que toca en Jiménez del Oso e che organiza un recopilatorio.
http://www.myspace.com/sranidosrreal
Ven e gosa por catro euros de nada, a prezo da ración de pulpo en época de Fraga.