1 marzo 2016

Musel + Mano de Obra



musel

Sábado 5 de marzo ás 20.15: Musel + Mano de Obra

Batalla de grandes no Liceo!

Mano de Obra son de La Coru e xa caeron por estas terras varias veces. A música destes 3 lembra a saír a dar unha volta pola noite de Detroit, unha viaxe polos oitenta e a botar un pitillo en Mollabao. Súan sintes, batería e baixo e fan cancións bonitas sobre as cousas que pasan na vida. Pero moi escuras, iso si.

Podes escoitalos premendo en http://manodeobra.bandcamp.com/

Musel está composto por Carlos, Eva, Iván e o noso amado Óscar. Fan as cancións máis bonitas do mundo, creando atmosferas psicodélicas que semella que es unha abella e vas por aí recollendo mel todo fresh. E así nolo amosan en Rabuña (2015).

Escoita isto aquí http://musel.bandcamp.com/album/rabu-a

Por un mísero donativo de 5 moedas que irán parar directamente no peto dos músicos, sen comisións polo medio. Haberá papeo e refrixerios dabondo para saciarte. Vémonos!