Venres 4 de maio ás 20.30
Preparádevos! Este venres 4 de maio recibimos a dúas bandas galegas punteiras no mundo extremo que van facer tremer os cimentos do noso amado local e descochuflar os pescozos do respetable, atende:
Os coruñeses Nashgul levan dende o 2001 derretindo caras e despois de xirar por todo o mundo e editar infinidade de referencias son unha referencia a nivel internacional dentro do grindcore. Formados por xente de Black Panda, Hongo, Come Back From The Dead ou Bokluk o seu estilo apisonadora-negra-forrada-de-motoserras rinde culto a grandes do xénero coma Repulsion ou Napalm Death con un extra de veneno e violencia aplastante que os fai únicos. Cando rematen contigo soamente poderás decir: «Noraboa rapaces!»
Escoita!: https://nashgul.bandcamp.com/
ovakner son o novo proxecto de Rober de Machetazo (Un dos grupos máis lendarios na escea extrema mundial) con Lois e Alberto dos grandiosos blackmetaleiros Balmog e Lóstregos respectivamente. Este trío calavera acaba de editar «Ar/Lume», un debut que sorprende pola tremenda calidade sónica e das composicións, contundentes leccións de cómo tratar o crust máis pesado.
Flipa: https://tupatutupa.bandcamp.com/album/tupa-36-ovakner-ar-lume
Abrimos portas ás 20.30 e os grupos comezan ás 21.00
Xa sabes como vai o tema: Donativo voluntario íntegro para que os artistas sigan facendo maldades, teremos cea boísima e barata e os refrixerios habituais.
Vente a recibir metralla que boa falta te fai!