2 julio 2012

Navnlaust Mønster Opptog no Liceo!!!



Navnlaust Mønster Opptog é o proxecto colaborativo no que conflúen o incríble batería Morten J. Olsen e o artista sonoro Rubén Patiño
Mistura de sons acústicos e outros xerados por computador, é unha proposta que explora as fronteiras das estruturas repetitivas e a espacialización do son

Rubén Patiño, tamén coñecido como Pato,orixinario de Barcelona traballa no campo da computer music, unha actividade que combina con incursións eventuais no campo de instalación. As obras de Patiño están caracterizadas por un estilo compositivo algorítmico que é tanto irreverente coma hiperenérxico. El actuou so a través de toda Europa, así como colaborou con Roc Jiménez de Cisneros, Olivier Di Placido e Seiji Morimoto entre outros.
http://www.patooo.net/

Residente en Berlín, ex-Amsterdammer e noruegués no exilio, Morten J. Olsen é un músico, compositor e improvisador máis coñecido polo seu traballo como explosivo batería en bandazas como MoHa! e Ultralyd. El traballa cunha paleta sónica que abrangue a historia da percusión orquestral, a electrónica ou o rock.
Algúns do seus proxectos e colaboradores pasados e presentes: MoHa!, Ultralyd, The Pitch, Bass Love, The New Silence, Subroutine, Splitter Orchester, Thomas Dybdahl and Nina Nielsen.
http://www.n-collective.com/archive/index.cgi?article=2&dept=people


A entrada a tan magno evento só custa 4 euros