16 abril 2019

Negro e Isasa



isasa

Sábado 20 de abril ás 20.30

Outra verbena clásica no Liceo de vocês, o Liceo magno da ría que poderá con todo.

Volven os compais Fer Negro e Conrado Isasa. Negro e Isasa, Isasa e Negro. Polvo de estrela e harmónicos electricos, con samples babilónicos do Levante: Negro. Brisa do gran canón do Manzanares, brétema de smog tranquilo e acústico: Isasa.

Veñen dar apertas e presentar os seus últimos discos Insilio (Isasa) e Clase Media (Negro).

https://nosolonegro.bandcamp.com/album/clase-media
https://isasa.bandcamp.com/

Acompañádenos polo donativo habitual de entre 5 e 10€, que lles ingresaremos a eles nunha conta secreta e blindada en Suiza.