Sábado 27 de maio ás 20.30: Negro Negro-Marta Verde + Chapa Ondulada
A pontevedresa afincada en Madrid Marta Verde leva xa uns aniños traspasando cada día as barreiras, xa cada vez más difuminadas, da programación creativa. Xa sexa en visuais, instalacións interactivas de arte dixital, impresión 3D, escenografías, wereables ou o que lle cadre, a artista investiga e reventa os procesos tecnolóxicos que lle interesan para relacionarse co mundo e con outros artistas. http://www.martaverde.net/
O productor madrileño José Venditti, baixo o sobrenome de NegrøNegrø, focaliza o seu traballo na confrontación do orgánico e o dixital, empregando micros de contacto, sons deconstruídos de saxofón, sintetizadores modulares e técnicas de composición xerativa.
https://www.negromuynegro.com/
Presentarán o seu espectáculo conxunto, El Caballø del Sueñø.
http://dos.ulabel.cc/video/marta-verde-negronegro-caballo-del-sueno/
O asturiano que se agocha detrás de Chapa Ondulada vai completar a noite cunha suite orquestada sobre catro magnetofóns, que altera e cruza para crear texturas e sons incribles. Un xenio do patrón.
https://chapaondulada.bandcamp.com/
Alimenta a alma dende a tecnoloxía, só por entre 5 e 8€ como donativo para que os artistas non anden a pedir por aí.