12 noviembre 2018

Cancelado!!!! Neura e Mut



amut

Venres 16 de novembro ás 20.30
Noite de punk! Noite de punk! O venres 16 temos visita dende Xixón e Vigo, Neura e Mut! Imos fliparrr coa noite feita a man!!

Neura veñen dende Xixón co seu punk-punk-hardcore-punk, ese punk que tanto desfrutamos nesta casa, ese punk feito a man, con amor. Pero ademáis disto, son unha apisonadora sónica que non te deixa parar de mover o corpo, nin para ir pillar outra cervexa, escoita!!

https://neurapunk.bandcamp.com

Mut son xa coñecidos nesta casa, participantes noutros queridos proxectos como Lamprea Explosiva ou Zurraspa. Veñen de sacar un disco gravado no Liceo Mutante, editado por Caracol Negro, o selo que xestionan eles mesmos. Estes rapaces son de facer todo a man, son xente bonita! Hardcore-Punk Mutante, cancións que mudan de ritmo 5 veces en menos dun minuto, a locura vocal, o bailoteo infernal, flipa!!!

https://caracolnegro.bandcamp.com/album/s-t

Ven desfrutar do feito a man, da amizade, do baile, da música destas dúas bandas aportando un donativo de entre 5 e 10 euros, á túa elección, íntegro para as bandas, para que poidan seguir a facer cousas bonitas!