17 diciembre 2019

Neura, Plataforma e MAL



mal

Venres 20 de decembro ás 20.00

O Liceo Mutante quere despedir a década coa patada no cu que merece. Visto o pouco que promete a que comeza, dificilmente se podería reunir un tridente máis eficaz para tal misión:

NEURA (Xixón)

Punk enerxético, pesimista, cru, rápido, machacón, cabreado e nervioso. Para un completo desfrute da experiencia, recomendamos tratar de seguirlles o ritmo batendo coa cabeza contra o chan, contra a parede ou contra a persoa que che toque ó lado (co seu consentemento previo, ollo).

https://neurapunk.bandcamp.com/

PLATAFORMA (Barcelona)
Post-punk decadente e escuro, de aire romántico e melancólico que lembra por momentos a Bauhaus, Décima Víctima, Joy Division ou Lust For Youth sen renunciar por outra banda a ritmos machacóns máis próximos ó hardcore. Para un completo desfrute da experiencia, pinta a cara de branco, pon a túa gabardina de látex negro e menea o esquelete mantento o rictus imperturbable.

PLATAFORMA

MAL (GZ)
Xunta a peña de Lamprea Explosiva, Ultimate Big Party, Matadero e Tenue, e tes a estes cinco facendo hardcore-punk do sur galego. Hardcore-punk antirrepresivo, antiautoritario, anarquista. Hardcore-punk para a liberación social. Hardcore-punk para liberar a mente. Hardcore-punk poderoso para romper as relacións de poder. Hardcore-punk para o baile. E xa está. Para un completo desfrute da experiencia, mellor queda na casa.

Axuda entre 5 e 10 €