9 abril 2019

NO FUCKS e Cheap Lipstick



Sábado 13 de abril ás 20.30

Atende!!! Que este sábado 13 temos cousa fina! Dende terras asturianas teremos a NO FUCKS, xunto coas viguesas Cheap Lipstick! Vinde mover o esqueleto connosco!

NO FUCKS veñen presentando o seu primeiro LP, un 10” editado por Discos de Kirlian, cheo de bailoteos, letras que dinamitan o modelo familiar, as relacións de autoridade, pero con moito humor, que a vida está fodida pero hai que levalo ben mentres bailamos xoder!!
Ese é o espírito, agora escoita os temazos para vir preparada ao concerto!

https://discosdekirlian.bandcamp.com/album/dk67-no-fucks-lp

Cheap Lipstick son xente moi guai, andan comezando a explorar o mundo cun pouquiño de garaxe, outro pouco de punk, e outras tantas cousas bonitas, levan pouquiño tempo, pero xa hai lendas que din que sempre queiman a pista de baile! Imos darlles calor no comezo da súa aventura, imos bailar!

https://www.facebook.com/Cheap-Lipstick-406218553476019/

Bailar, conversar sobre a vida, desfrutar das relacións non comerciais, imaxinar un mundo novo…todo é posible, por iso estamos aquí no Liceo Mutante, e pediremos un donativo de entre 5 e 10 euros a túa elección, para que estas bandas que nos axudan a seguir coa cabeza no seu sitio poidan pagar a gasolina do coche, o almorzo do día seguinte…ven participar!