Venres 19 de xuño ás 21.30: «NO PENSAR» de Carlos Meixide
A poucos minutos dun discurso crucial ante a prensa, o presidente do goberno reflexiona acerca de distintos episodios da súa vida que nos axudarán a comprender coma alguén coma el puido chegar a presidente dun país de 45 milóns de habitantes. Porque todo ten unha explicación…
NO PENSAR
Está historia é inventada. Calquera parecido coa realidade é pura coincidencia.
NO PENSAR é a nova e desternillante peza teatral de Carlos Meixide.
Dende que ten uso de razón, Carlos Meixide decidiu concederlle ao humor os mellores anos da súa vida. Así que non se pode dicir del que non teña ‘sentidiño’, cando menos sempre lle quedará o sentido do humor. Debeulle parecer gracioso por iso estudar a carreira de xornalismo. A estas alturas, porén, aínda non lle atopou o chiste…
Meixide é un clásico do humor galego. Máis coñecido como Arturito Puy no seu rol de ‘guapito’ do senlleiro dúo cómico-musical Os da Ría, a súa carreira humorística foise curtindo nas táboas da mítica Sala Nasa de Santiago de Compostela, onde se converteu nun clásico das ‘Ultranoites’.
Traballa o humor sobre os palcos, máis tamén vérteo
en libros senlleiros como ‘O Home Inédito’, que hai case unha década converteuse na primeira novela en galego
editada directamente na rede (posteriormente foi editada en papel por Edicións da Rotonda).
Outras obriñas súas son ‘Primavera’,de Ediciós do 13, ou o libro infantil ‘A Miragaia’(SoteloBlanco,2002).
En 2008 protagonizou a obra de teatro «Finlandia», escrita e dirixida por Carlos Santiago Na actualidade representa o irmán maior d’os Irmáns Lumieira, os inventores galegos do cinematógrafo, na obra O fantabuloso cinema ambulante dous Irmáns Lumieira, xunto a Tomás Lijó e Suso Alonso.
Ademais tamén director, guionista ou reporteiro de numerosos programas da TVG, así como actor en diferentes series.
A entrada a esta gran echenta de rir só custará 5 €, que, coma sempre, irán destinados integramente a axudar a cubrir os gastos dos artistas.
Vémonos no Liceo amig@s!!!!!