30 diciembre 2013

Noite de filmes (con Legendary Tripping e Lanzadera films)



chigger

ChiggerAle_05_640

El_Alma_Esquiva_Still_08_640

Jardin_Salvaje_03_640

Luns 30 de decembro ás 21.00

O vindeiro luns 30 contaremos coa presenza de Eric Uguet, que nos virá falar e presentar algúns dos últimos traballos de dúas productoras independentes do máis interesante: Lanzadera Films e Legendary Tripping.

LANZADERA FILMS

Lanzadera é unha compañía independente dirixida por Miguel Llansó. Está centrada en películas descoñecidas, experimentais, raras, alucinóxenas, de ficción poética e documental. Dende o seu punto de vista, as películas (curtas ou non) son obras de arte que cambian o mundo de arredor e abren horizontes impredecibles.

Miguel Llansó é coñecido no eido musical polo seu traballo como batería en Mushitcians, Ensaladilla Rusa, Campamento Ñec Ñec e, últimamente, Extinción de los Insectos.

Nos últimos anos centrouse na producción e distribución de cine dende Lanzadera Films. Logo de ter realizado e axudado a producir varias películas en Etiopía, adícase tamén a dirixir as súas curtas de ficción con toques surrealistas.

Algúns destes proxectos pasaron xa por festivais de renome como Sundance, Rotterdam International Film Festival, Locarno…etc.

Teremos a oportunidade de ver as seguintes curtas de Lanzadera:

CHIGGER ALE – CURTA DOCUMENTAL (11 minutos)

Unha noite, un estrano clon de Adolf Hitler visita o clube Fendika, garito underground de Addis Abeba.

Escrito e dirixido por Miguel Llansó con Daniel Tedesse.

NOCHE EN EL JARDÍN SALVAJE – CURTO FICCIÓN (5 minutos)

– Escucha, allí, a lo lejos… un zumbido!
– Ah,no… Era un avión.

Unha curta dos irmáns Llansó.

http://www.lanzaderafilms.com/

LEGENDARY TRIPPING

Legendary Tripping é unha productora audiovisual con sede en Los Ángeles (EEUU) e Madrid. Dirixida por Eric Uguet, especialízase en curtas, vídeos musicais e retratos audiovisuais de casas e xardíns.

Eric Uguet reside en Los Ángeles, California onde traballa en diversos departamentos de fotografía e producción de cine e televisión. No seu tempo libre adícase a facer vídeos para diferentes grupos como Lüger, Charades, XU ou Boru Boru. Además, dirixe os seus propios proxectos baixo os nomes de Amalgama e El Alma Esquiva.

Legendary Tripping achegará as seguintes curtas:

AMALGAMA I, II y III – CURTAS EXPERIMENTAIS (5 minutos cada unha)

Regurxitación drónico-psiquedélica audivisual de man de Boru Boru. Unha mistura de luces, cores e piscofonías pop.

Imaxes e edición por Eric Uguet e música por Boru Boru.

UN ALMA ESQUIVA – FICCIÓN NARRATIVA (17 minutos)

Un Alma Esquiva é unha paisaxe emocional que explora a relación entre unha casa e o home que a habita.

Dirixida e producida por Eric Uguet, coa actuación de Guillermo Llansó e a fotografía de Yago Castromil.


http://www.legendarytripping.com/

Máis información en
http://www.lanzaderafilms.com/
http://www.legendarytripping.com/