22 octubre 2012

Noite Extrema no Liceo !!!!!!



Sábado 27 de outubro ás 20.30

Apresentámovos unha verdadeira noite de profanación na honra dos deuses escuros.
Que se prepare a cidade do Lerez para a sacrílega embestida auditiva que agarda dar benvida a Samain.
Nunha noite en acordes de black metal galaico…
XERION
http://www.otronodexerion.com/
Tras dun longo periplo ás costas é innegable o seu merecido lugar na escea e porsuposto, sempre é un mérito que se honre a Satán na lingua de Breogán.
BALMOG
http://www.metal-archives.com/bands/Balmog/77079
Semella que os ecos fantasmais do castelo de Soutomaior nutren a música deste ben coñecido trio de cabaleiros das hordas infernais. Daránvos un bo ritual
NEFASTU
http://www.metal-archives.com/bands/Nefastu/3540342685
Chegados dende a beira irmán, de Porto. Unha banda moi nova pero que soa firmes e contundentes.
Os incautos neofitos que desexen participar do ritual lembren que a cita é as 20.30h.!
Donativo de 4 euros para os mestres da cerimonia.