1 noviembre 2012

Noite HxC no Liceo Mutante: Twenty Fighters + A new Heaven Arise



Venres 2 de novembro ás 21:00

Máis que un anuncio, isto é unha ameaza. O hardcore está de volta no Liceo Mutante e hai moi poucas posibilidades de sair con vida esta vez.
Conta a lenda que en Viveiro, pola Primeira Comunión, en vez de hostias á rapazada seica lle dan discos de Sick Of It All, Gorilla Biscuits e Cro-Mags. A lenda di tamén que Twenty Fighters son moi devotos e que tocan sempre orientados cara a súa meca particular, que está na costa leste norteamericana, aínda que eles xa son profetas nesa nova terra prometida do hardco

re que é a Mariña Luguesa.
http://twentyfighters.bandcamp.com/
A Coruña non queda atrás. Nesta terra tradicionalmente tralleira, -lembrémonos daquel refacho crust dos Ekkaia, Madame Germen ou Blünt- A New Heaven Arise collen o relevo xirando cara un son máis pesado e contundente, cheo de bombos ametrallantes, berros infernais, teclados atmosféricos e metal, toneladas de metal afiado esperando decapitar a quen se achegue.
http://anewheavenarise.bandcamp.com/
Por 4€ de donativo (integramente destinado ás bandas) ás 21 h. do venres 2 de novembro, un día ideal para a apocalipse.