18 noviembre 2016

Non si? Teatro presenta: «Triciclo»



15037287_1145232565552781_7381535998600433588_n

Sábado 19 de novembro ás 21.00

A compañía Non Si? Teatro volve ao noso Liceo por terceira vez, desta volta cunha versión de «Triciclo», de Fernando Arrabal.

Climando e Apal teñen que pagar a cota dun triciclo alugado, co que gañan a vida paseando nenos no parque. Apal durme e Climando desepera na procura dunha solución mentres fala con Vello, o violinista errante, e con Mita, a súa moza suicida. A aparición do home dos billetes convértese na solución: Apal e Climando deciden matalo para quedar co diñeiro, empregando a Mita como carnada.

Triciclo é un retrato cru de catro personaxes errantes e marxinais dentro dunha sociedade alienante e que viven nun sistema incomprensible para eles. A obra transita entre a inocencia, a ironía, o humor e a morte. E a súa vixencia na actualidade é indiscutible.

Con esta montaxe, Non Si? Teatro celebra dez anos de vida ligados ao grupo avanzado da Aula de Teatro de Baiona, que arrincaron con Pic-Nic tamén de Fernando Arrabal.

Entrada de cinco euros, íntegra para a compañía.