16 diciembre 2013

Nueva Vulcano no Liceo Mutante!



AVISO: Abrimos a posibilidade de venda anticipada vía paypal ademáis de no local do Liceo Mutante, enviando 5 € a liceomutante@gmail.com indicando nome, apelidos e DNI do asistente. Ofrecemos este servizo por demanda popular, e pedimos disculpas aos que se moveron exclusivamente ata o local para recoller as entradas. O plazo para mercar as entradas deste xeito remata o martes 17 ás 23.00

Nueva Vulcano -pensamos que a estas alturas non necesitan presentacións- cumplen 10 anos e para celebralo únense a La Castanya (que fan 5) e Alberto Polo para editar un libro de fotos da banda feitas por este último, publicar o 7″ «Todo por el bien común» e iniciar unha xira de tan só nove datas -con parada no Liceo- por algúns dos espazos máis especiais do estado. Este ambicioso e encantador proxecto leva o título de «Hasta la boya y volver» e conta cunha web específica e cun diario de xira que se encargarán de actualizar a diario Artur Estrada cos seus textos e Alberto Polo coas súas fotos.

As entradas anticipadas xa están dispoñibles os días de evento no propio Liceo a un prezo de 5€. Ollo! Só haberá 150 á venda! Tamén dispoñibles vía paypal enviando 5 € a liceomutante@gmail.com indicando nome, apelidos e DNI. O plazo para mercar as entradas remata o martes 17 ás 23.00

Botádelle un ollo ó asunto en: http://www.hastalaboyayvolver.com/

E pasade tamén por:
http://nuevavulcano.com/
http://lacastanya.blogspot.com.es/