28 junio 2021

NUN



NUN

Xoves 1 de xullo ás 20.00

NUN é un dúo checo formado por Petr Vrba e Michal Zbořil.
Armados cun bo monte de sintes, cacharrada electrónica analóxica e trompeta, NUN traen ao Liceo unha música baseada no drone que non fuxe das melodías, creando unha catedral sonora modelada a partir dunha ampla variedade de impulsos eléctricos.
Ambos músicos son imprescindibles da escena da música improvisada checa facendo parte de proxectos como a Orquestra de Improvisación de Praga ou IQ +1

https://punctumtapes.bandcamp.com/track/nun-05-09-2019
https://www.vrrrba.cz/
Vén mergullarte nisto por unha axuda para os músicos de entre 5 e 10 €
Queremos que o Liceo sexa un espazo seguro para todas polo que vos pedimos a vosa colaboración e o respecto a todas as medidas sanitarias pertinentes.

NUN contan co apoio do Ministerio de Cultura da República Checa e do Centro Checo para a realización desta xira