3 abril 2019

NYOS e Matadero



NYOS

Venres 5 de abril ás 20.30

Pero como non imos estar felices? Este venres 5 comezamos o mes de Abril con forza, da man dos fineses NYOS, acompañados dos Matadero! Que bonito!

NYOS xa nos visitaran fai un ano, e fora incrible! NYOS son dous, Thom e Thuomas, pero parecen 20. A súa música é enerxía pura, pasaxes instrumentais que nos levan polo mundo do math, do noise e do post-rock, debuxando a traxectoria perfecta entre o trance e o movemento salvaxe de cadeiras e cachola, pero sen que sexas capaz de acomodarte en ningún deles. Móvense con velocidade entre estes dous estados, pasando por tOdo OS posibles intermedios, pero o fan suave, sen que te percates, deixándote levar…

Desta vez visítannos presentando o seu último LP, “Now”, outro incrible traballo que suman a súa discografía de tres álbums e un EP!

En Now, NYOS tiran tódalas reglas e fórmulas pola ventá, centrándose en facer o máis variado, captativo e interesante álbum que podían facer…e ollo! Neste último álbum adican unha canción ao noso espazo, chamada Mutante!
Pero como non imos estar namorados deles?! Escoita e desfruta!

https://nyos.bandcamp.com/album/now

Matadero son da casa Mutante, Facundo na batería, Corbi na guitarra/voz, e Solla no baixo. Un ciclón de enerxía, xuntas danzaremos arredor da fogueira do post-hardcore e do ruidismo. As letras sobre o cotiá, crudas, sobre o amor, misturado cos ritmos que te farán mover as cadeiras coma se non houbese mañá, momentos de relaxación tamén, para que te deixes levar pola vida…que placer!
! Escoita estas cancións que gravaron na sala onde os vas escoitar!

https://mataderou.bandcamp.com/releases

Ven comezar o mes con ritmo e beleza a partes iguais nesta casa, aportando un donativo entre 5 e 10 euros a túa elección, íntegro para que as bandas poidan seguir o seu camiño cara a liberdade, vén conversar con nós, vén participar!