24 abril 2018

Nyos



anyos

Luns 30 de abril ás 20.30: Nyos

O luns 30 temos unha visita moi especial dende Jyvaskyla, Finlandia, veñen facernos danzar NYOS!

NYOS son un dúo (Tom Brooke á guitarra, Tuomas Kainulainen á batería) que parecen 20. A súa música é enérxica, pasaxes instrumentais que nos levan polo mundo do math, do noise e do post rock. Eles debuxan a traxectoria perfecta entre o trance espiritual e o movemento salvaxe de cadeiras e cachola, pero sen que sexas capaz de acomodarte en ningún deles, móvense con velocidade entre estes dous estados, pasando por tódolos posibles intermedios, pero o fan suave, sen que te percates…
Teñen xa tres álbums e un EP, e veñen presentarnos o seu último ‘Navigation’ (editado colaborando con Meta Matter Records), gravado e mesturado por Tom, e masterizado por Mandy Parnell (Aphex Twin, Björk, Sigur Ros). Escoita!

https://nyos.bandcamp.com/album/navigation

https://www.facebook.com/nyosband/

Vén desfrutar deste luns máxico, para redescubrir o amor/amizade na nosa Casa Mutante, aportando un donativo entre 5 e 8 euros para que a banda poida seguir a súa longa xira polo mundo.