5 diciembre 2013

O cabaré da Muller Paxaro



Venres 6 ás 21.30

TIRITA Producións presentanos o seu novo montaxe en formato un musical humorístico e poético con cancións en alemán, inglés, galego e ate xaponés.

O CABARÉ DA MULLER PAXARO, de Miguel Mosqueira, relata dende un punto de vista cómico, as tribulacións vitais dun personaxe exótico: Fevvers , a Muller Paxaro (Paku Granxa), nun mundo pouco amigo das diferenzas.
Acompañandoa no escenario, dous magníficos músicos en directo: Brandán Lourenzo á guitarra e Marcos Represas ao clarinete.

A través da palabra , a música e o baile asistiremos ao divertido relato, entre épico e disparatado, da historia da súa vida e descubriremos o que verdadeiramente se esconde detrás de tan enigmático personaxe:

‘Tras unha suposta traxectoria de éxito como estrela de circo polo mundo adiante, Fevvers, a muller paxaro, regresa a Galicia vinte anos despois de xurar non volver. A súa traumática relación có territorio que a viu nacer supón un peso do que nunca se conseguiría librar. Por esta razón retorna ao único lugar do mundo onde ninguén a coñece para saldar contas có seu pasado. A través da palabra a música e o baile, asistiremos ao relato, entre épico e disparatado, da historia da súa vida e descubriremos, ante a mirada atónita dos músicos e da audiencia, o que verdadeiramente se esconde detrás de tan enigmático personaxe.’

Agardámosvos este venres no noso Liceo tranformado en Cabaré Agardámovos pedírase un donativo para os artistas.