18 noviembre 2019

O Gabinete de curiosidades de Nico Esker



75361064_2556130364462987_1929273788667527168_n

Sábado 23 de novembro ás 20:30

Benvidos ao Gabinete de curiosidades de Nico Elsker: mentalista, mestre de cerimonias, artista, e coñecedor de máxicos e exóticos mundos… Todo iso ou só un estafador?

Nico conta a súa historia como faranduleiro, buscavidas e prostituto mostrando as súas dotes para a trampa e a sedución.

O Gabinete de curiosidades de Nico Elsker e un contedor cheo de sorpresas pero sobre todo é unha viaxe polo mundo drag king (unha arte moi pouco visibilizada e coñecida aquí en España), o baile, o frikismo e o streptease, co teatro como bandeira.

É unha reflexión sobre o feito artístico e a loita á que se ve sometido na nosa sociedade, sobre a temática xénero, o circo social e a dictadura do políticamente correcto e sobre a dignificación da arte drag… En resumo, é un tratado de supervivencia dun artista transexual de provincias.

Coma sempre abrimos portas as 20:30 e a doazón para apoiar ao artista é entre 5 e 10 euros.