Sábado 20 de outubro ás 21:30
Non nos desagradaría nada poder establecer unha tradición con José Antonio. Coa chegada do outono queremos ter sempre por aquí ao cantautor canario, alimentando os corazóns para unha tempada invernal emocionante.
Quen estivese na súa primeira visita ou poidese velo nalgunha das súas xiras sabe a que nos referimos: un estilo único, unha voz inesquecible e sobrecolledora, e un ser humano de primeira categoría.
Se non o coñeces, bótalle unha escoita e flipa:
http://fajardomusica.bandcamp.com/
Desfrutaremos todos da súa presencia o sábado 20, por só catro euros de donativo para o transporte, gratis para mutantes.