10 diciembre 2013

O improperio contrataca



Despois de perder aos seus pais e tras unha serie de ‘catastróficas desdichas’ os habitantes de Improperio DF viaxan por erro ao futuro. Alí atópanse que o mundo foi tomado por grandes multinacionais e a súa poboación está aburrida e alienada. No medio deste caos os nosos protagonistas descobren que o inicio do problema está no xeito de vida dos humanos e deciden volta ao pasado e avisar á cidadanía da eminente catástrofe mediante…xogos de improvisación!

‘O IMPROPERIO CONTRAATACA’ devolvelle o teatro ao público e pono baixo as súas ordes para crear cada ocasión un espectáculo único e irrepetible, pois serán eles os que propoñan os temas dos que tratarán as improvisacións mediante unhas determinantes frases iniciais.

En só noventa minutos estos catro improvisadores escollidos entre o elenco do grupo TRIATEROS deberán encoraxarnos fronte a esta alienante apocalipse. Quenes serán desta vez os profetas?

Martín Martínez, Bea Campos, Omar Ferrín, Tone Martínez, Belén Bouzas, Miguel A. Canalejo.

Non esquezades que esta aventura colectiva terá lugar o vindeiro sábado 14 de Decembro, e precisámos de tod@s vós para que ese dramático futuru nunca chegue a termo.

Lembrade socios que a entrada é de balde se sodes parte da familia mutante e que se sodes socios Y háberá un simbólico donativo de catro euros para os nosos futuristas artistas.

Agardámovos para esta contraataque chea de improperios!