9 mayo 2014

O Pack Cósmico de Bértola Teatro Desmontable



10177298_632632840146092_5868131250163682525_n

Hoxe a risa é máis necesaria ca nunca e resulta máis terapéutica canto máis reflicte o que está a acontecer neste tolo mundo. No teatro a comedia inunda a escena para que a risa sexa o motor desa química pura que comunica actores e público.

Bértola Teatro Desmontable acercanos o DOMINGO 11 de MAIO unha demostración práctica do efecto liberador da gargallada combativa.

O Pack Cósmico é unha triloxia de microteatro escrita e dirixida por Mario Iglesias e interpretada polos actores Sé Rial, María Salgueiro e Xose Manuel Esperante.

1º ‘O que ten Cú ten Medo’. Os socios internacionais do presidente do goberno, en especial os membros do clube Bilderberg, proporcionanlle un enxeño capaz de combater con verdadeira eficacia a crise á que está sometido o país…O problema xorde cando o presidente descobre que quizis debeu informarse mellor sobre o produto.

2º ’A Coincidencia Cósmica’. Dúas secretarias descobren que fan e din as mesmas cousas. Decátanse de contado de que entraron nunha coincidencia cósmica, da que non resulta doado sair.

3º ‘O Cataclismo’. O presidente do país ten algo que comunicar ao seu persoal: o mundo enteiro está a piques de sofrir un cataclismo que reducirá o planeta a po e cinzas se ninguén fia nada…e polo visto iso é o que se agarda.

Lembrade ser puntuais e achegarvos cos vosos carnés de soci@s. O simbólico donativo para os artistas será de só 5 euros polo que non serven as excusas para non animarvos a dominguear dun xeito diferente.