10 julio 2012

Obradoiro de animación Stop Motion no Liceo !!!



OBRADOIRO DE ANIMACIÓN STOP MOTION.
23, 24 e 26 de xullo no Liceo Mutante.

Consistirá nunha dinámica achega á técnica do stop motion, técnica que consiste en xerar mediante a sucesión de imaxes fotográficas fixas a ilusión de movemento de
obxectos estáticos. Construiránse pequenas pezas cinematográficas nas que os alumnos serán os artífices totais.

Este obradoiro de iniciación está enfocado para xente de tódalas idades.
Non é preciso ter ningún tipo de experiencia neste campo, polo que animamos a calquera persoa (dende nenos a maiores) interesada no mundo do cine e da arte a descubrir unha nova e excitante canle de expresión.

Experimentaremos coas diversas técnicas que esta disciplina nos permite, facendo de cada sesión unha experiencia nova e orixinal.
A técnica do stop motion permite enfatizar nas diferentes capacidades creativas de cada individuo en función da súa idade e intereses: dende a manipulación de materiais como plastilina, pinturas ou recortables, pasando pola interpretación ata procesos máis técnicos como a guionización, creación de story board, funcionamento das cámaras fotográficas e programas de edición.
Traballaremos con obxectos atopados e con ideas recicladas.
Todo é susceptible de ser animado!

Encargaránse de impartir o curso a ilustradora e animadora Minia Regos (http://minia—main.blogspot.com.es/) e a fotógrafa Belén Veleiro (http://www.flickr.com/photos/belenveleiro/).

Horario:
Luns 23 de xullo: de 11.00 a 13.00 h.
Martes 24 de xullo: de 11.00 a 13.00 h.
Xoves 26 de xullo: de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.00 h.

Inscripcións: artes.liceomutante@gmail.com (especificar idade e intereses).
Prezo: 15 euros por persoa.

Prazas limitadas!