29 julio 2014

Obradoiro de cacharrada electrónica para audio con Carlos Suárez



xu

Electrónica creativa para audio

Atari Punk Console é un circuito productor de sons, un clásico dende a súa aparición en 1980. Ademáis é o primeiro paso para construír outro tipo de ferramentas como órganos ou pedais de guitarra. Neste obradoiro construiremos un Atari Punk Console e aprenderemos as bases da electrónica (DIY) «faino ti mesm@», dende a interpretación de esquemas a soldadura de circuitos. Non é necesaria experiencia previa.

O mundo do «faino ti mesm@» (Do It Yourself) renovouse nos últimos tempos con novas propostas baseadas en conceptos orixinais. Asi é como coñecemos a diario un novo robot, veículo ou o que sexa feito de lego, máquinas de Rude Goldberg traídas ao mundo real, entre outras xenialidades.

O corazón do circuíto é un temporizador IC 556 dual e só precisa de dous controles (frecuencia do oscilador e control de lonxitude do pulso) para funcionar. Estes potenciómetros foron reemprazados en distintos desenvolvementos por teclas, presión, temperatura e até luz. O circuito é tan pequeno que pode ser ensamblado en calquera tipo de caixa.

Cracklebox e TactileNoise.
É un dispositivo electrónico de funcionamento a baterías capaz de xerar ruídos eléctricos. Consiste dunha pequena caixa con seis contactos de metal na parte superior que ao premelos cos dedos xera todo tipo de sons e tons inusuais. O corpo humano convértese en parte do circuíto e determina o rango de sons posibles que poderá xerar o dispositivo. Distintas persoas xerarán distintos resultados nos sons.

Light Theremin.
É un oscilador ou xerador de tons controlado por luz.

Amplificador 386.
Potente amplificador moi útil cando se necesita un amplificador pequeno e portátil.
http://www.youtube.com/watch?v=ATy2wdES0V4

SuperHardOn.
É un efecto preamplificador/booster que realza harmónicos e dálle maior ataque aos instrumentos acústicos, a súa impedancia de entrada extremadamente alta fai que soe claro e fresco.

Mixer 4 canais.
Mixturador pasivo de catro canais.

3 SubOscilador.
Oscilador triplo de baixa frecuencia, xera tres ondas de baixa frecuencia que interactuar entre elas producindo todo tipo de batidos e resonancias subgraves.

Schmitt Beatter.
Oscilador, circuito de luz controlada. Perfecto para crear beats e ritmos, modulado pola luz.

Delay.

PROGRAMA

– Elementos e principios de electrónica sonora, aplicacións prácticas e creativas de potenciómetros, resistencia, diodos, etc.
– Aprendendo a soldar, construcción dun micrófono de contacto e un Atari Punk Console.
– Máis circuitos sonoros para facer.
– Sesión de improvisación colectiva e experimentación.

6 de agosto de 2014 de 17h a 21h
7 de agosto de 2014 de 11h a 14h e de 16h a 21h

@s 10 primeiras inscrit@s levan un micrófono de contacto de agasallo. @s alumn@s deben traer unha caixa pequena para colocar o aparato.

Dirixido a músicos e en xeral xente interesada na electrónica sonora. Así como a público interesado na exploración do son, a creatividade, DIY “faino ti mesmo». Profesionais ou non.

Inscricións en: liceomutante@gmail.com

PREZOS (os socios mutantes teñen un desconto de 5 €):

– Inscrición xeral. 25 € + 20 € ( materiais do Atari Punk Console ) = total 45 €
Cracklebox, TactileNoise, Light Theremin, Amplificador, SuperHard 20 € c/u
Mixer 4 canles, 3 SubOscilador, Schmitt trigger Beatter 25 € c/u

Carlos Suárez Sánchez
Artista sonoro, etnomusicólogo e percusionista galego, Celanova 1966. Mestre compositor polo Conservatorio Superior de Música Simón Bolívar de Caracas (especialidade electroacústica). Etnomusicólogo polo Instituto Universitario de Estudos Musicais de Caracas. Nos últimos anos adícase especialmente a investigación e experimentación sintese analóxica e Circuit Bending creando os seus propios circuitos e sintetizadores.
http://carlossuarez1966.wordpress.com/

Guardar

Guardar