Os amiguetes do colectivo Familiar están de visita no Liceo Mutante!
Os días 26, 27 e 28 de agosto teremos un taller de electrónica caseira onde o asistente poderá fabricar un instrumento musical electrónico a partir de kits desenvolvidos por Familiar, Toy divixxion ou Befaco.
Non é necesaria experiencia previa. Temos ferramentas de sobra e provense todos os materiais necesarios no kit. Aínda que traer soldador propio ou algunhas ferramentas pode facilitar as cousas.
http://famfest.info/?page_id=322
Pasaremos un par de días soldador en man, traballando nos instrumentos e cacharreando en xeral. Preténdese que isto, máis que un taller ao uso, sexan unhas xornadas de traballo onde se encontren mentes inquedas e curios@s en xeral.
Como alternativas á construción de instrumentos ofrecerase construción de placas de circuíto imprimido (usando pedais de guitarra como exemplo) (45€) e circuit bending, ou modificación de xoguetes antigos (35€)
Todo á vez. A saco. Nós ofrecemos posibilidades de taller e vós, incansables amig@s, decidides!
Tamén é posible pasar a tomar un algo charlando de cacharreo ou do que vos dea a gana. Son simpaticotes, non morden e din de si mesmos que saben a amorodo.
Na web familiar hai mais detalles. Aquí os kits que temos dispoñibles e prezos:
– 6DEv2(65€): Catro osciladores de onda cadrada con dous LFO para modular en frecuencia e… power Starvation! Un mini sinte – noiser relativamente sinxelo de son bastante cafre.
http://www.youtube.com/watch?v=vnu7yQ08e2Ehttp%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatch%3Fv%3Dvnu7yQ08e2E
– Punkistylo (65 €): Baseado no stylophone, aderezado cun filtro paso baixos, altofalante externo e unha bonita caixa de madeira. Un son viejuno e cáustico con posibilidade de control por CV
– Slicer(95€): Secuenciador analóxico de 8 pasos e troceador de sinais de audio. Das factorías Befaco unha pequena marabilla electrónica
-Pixelmusic 3000(65€/75€): Sintetizador de video estilo pixel que reacciona ao audio externo. Baseado nun microcontrolador e liberado como software aberto por uncommon projects. A placa pode ser usada como plataforma de desenvolvemento ao estilo Arduino.
-Drawdio (30 €):
Converte un lapis ou outros obxectos metálicos nun instrumento ruidoso.
O Drawdio é un deseño desenvolvido e liberado baixo licenza cretative commons por Jay Silver del Lifelong Kindergarten group, pertencente ao media lab do MIT.
ADVERTENCIA: diversión sen fín.
http://web.media.mit.edu/~silver/drawdio/
– Atari punk LFO(40€): Un circuíto sinxelo desenvolvido en conxunto con TOY Divixxion. O clásico Atari punk console cun LFO para modular os seus dous parámetros. Pequeno compacto e elegantón.
– MIDI ou Trigger Mod para Monotribe(45€): Habilita o control MIDI ou saídas de trigger para sintes analóxicos para a monotribe con dous sinxelos KITs
Para inscribirse, dúbidas ou preguntas: familiarfest@gmail.com