RESERVA A TÚA PRAZA ESCRIBINDO a: talleraudio12@gmail.com
Custe do curso: 50 € con todos os materiais incluídos
Dúas sesións: Luns 15 e martes 16 de 19.30 a 22.30
O Theremin, inventado polo ruso Lev Theremin en 1919, foi un dos primeiros instrumentos musicais electrónicos e causou gran impacto pola forma na que é tocado. As mans non tocan o instrumento e o músico controla as frecuencias sonoras só alterando a distancia entre as mans e a antena do instrumento.
O instrumento xa foi utilizado en diversos xéneros musicais, desde música concreta ata música electrónica, pop e rock. Con todo, o seu timbre único é moi lembrado por ofrecer unha sonoridad extraordinaria para bandas sonoras de peliculas de terror e ciencia ficción.
O obxectivo do curso é que cada alumno constrúa o seu propio Theremin baixo a orientación de Daniel Llermaly, e con materiais proporcionados polo profesor.
No taller entregaranse os coñecementos e materiais para a construción dunha versión do Minimun Theremin, instrumento dunha antena para variación de Pitch. Este é perfecto para ser o “primeiro proxecto de Theremin” para quen quere aprender os principios de funcionamento do Theremin e comezar a desenvolver proxectos de electrónica.
1º Sesión
-Presentación do taller e introdución
-Inicio Construción Monotheremin
Para comezar realizarase unha pequena presentación do taller e dos participantes, onde cada un expoñerá os seus intereses e expectativas do taller. Logo farase unha introdución ao tema, que incluirá unha contextualización histórica dos instrumentos musicais electrónicos e unha exposición dos principios básicos da electrónica.
Comezarase co ensamblado dos compoñentes.
2º Sesión
-Finalización Monotheremin
-Primeiras probas
Terminarase o ensamblado dos compoñentes do Monotheremin, proba e revisión.
Detectaranse e corrixirán os erros dos dispositivos que non funcionen.
– Encapsulado
-Conclusións e peche
Procederase a encapsular os circuítos terminados.
Revisaranse distintas opcións de acabado e personalizado dos dispositivos.
Duración: 2 sesións de 3 horas cada unha.
imparte: Daniel Llermaly – http://www.oficinadesonido.org/info/
Todos os materiais incluídos. Os participantes só deben levar soldador e unha caixa para montar o circuíto*
Non se requiren coñecementos previos
( A caixa debe ser de plástico de polo menos 10x5x20 cm.)