10 agosto 2013

Obradoiro de gancho



Tralo éxito de participación nos obradoiros de tricot de inverno, no Liceo Mutante decidimos sacar as agullas tomalo sol. Por iso, durante a próxima semana realizarase un obradoiro de iniciación ao amigurumi e gancho no xardín do noso local, a ritmo de boa música e na mellor compaña. Con este motivo visitaranos a experta na materia Isabel del Fresno, do Taller Like this Like. A deseñadora madrileña impartirá este obradoiro de 6 horas no que aprenderemos a ler patróns de amigurumi, realizaremos un bonequiño con esta mesma técnica xaponesa, así como dous marquiños a trapillo que farán das nosas paredes a envexa do vecindario.

O obradoiro levarase a cabo os días 12 e 13 das 19:00 ás 21:00 horas e o día 14 das 18:00 ás 20:00 horas, deste mes de agosto.

O prezo será 15 euros para os socios mutantes e 20 euros para os non socios, incluíndose neste prezo todo o material necesario, isto é, un kit de iniciación ben xeitosiño no que non faltará de nada.

Coma sempre, haberá límite de prazas, apura e non esquezas inscribirte en tecequetece@gmail.com

Se non coñeces o traballo de Isa no Taller Like This Like clica e abráiate en http://tallerlikethislike.wordpress.com/

Guardar