No outono, coas castañas, chega un novo obradoiro das creadoras do Tece que Tece; un obradoiro deseñado para a xente que flipa coas manualidades, a gostosa do DIY ou a pirada polo corta e pega. Este sábado 22 de novembro iniciarémonos na técnica do Scrapbooking no Liceo Mutante da man de Emi García!
O obradoiro consistirá na elaboración dun mini álbum fotográfico con encadernación en espiral no que se incluirán elementos en tea, madeira e metal. Aprenderemos a traballar coas técnicas básicas e materiais máis habituais do scrapbooking, ademáis de desenrolar as nosas habilidades creativas. Non é necesario ter experiencia.
Para ver máis do traballo da mestra Emi, ide á súa páxina: www.matildaysumundo.blogspot.com
O obradoiro ten un custo de 22€ para o público xeral e de 18€ para soci@s mutantes. Os materiais están incluidos no prezo. Os participantes soamente han de vir con lápiz, goma, regra, tesoiras e 5 ou 6 fotografías que se poidan recortar.
Horario e lugar: sábado 22 de novembro, de 16:30h ás 20:30h no piso do Liceo Mutante (Rúa Rosalía de Castro Nº100, Pontevedra).
Inscripcións ó mail tecequetece@gmail.com
Vémonos este sábado, coleguis!