10 diciembre 2014

Obradoiro de Scrapbooking de Nadal



10404509_741700249239350_6031086936278310035_n

Tralo enorme éxito do anterior obradoiro de Scrabooking celebrado no Liceo Mutante o pasado mes de novembro, decidimos pedirlle a Emi, a xenia do scrap, que repetira connosco experiencia e que nos aprendera máis desta apasionante técnica. Pois ben, Emi aceptou de boa gana e, desta vez, ímos scrapbookear a ritmo de panxoliñas!

Así que este sábado 13 de decembro temos novamente cita no Liceo Mutante da man de Emi García, a mestra do scrapbooking pontevedrés!

O obradoiro consistirá na elaboración dunha casiña-álbum fotográfico feita con temática de nadal.Ten espacio para 22 tags, fotos ou recordos e ademáis, unha boliña feita con papeis 3D que este ano parece que vai causar furor nos círculos scrapeiros. Coma sempre, continuaremos aprendendo a traballar coas técnicas básicas e materiais máis habituais do scrapbooking, ademáis de desenvolver as nosas habilidades creativas. Non é necesario ter experiencia.

Para ver máis do traballo da mestra Emi, ide á súa páxina:www.matildaysumundo.blogspot.com

O obradoiro ten un custo de 22€ para o público xeral e de 18€ para soci@s mutantes. Os materiais están incluidos no prezo. Os participantes soamente han de vir con lápiz, goma, regra, tesoiras e 5 ou 6 fotografías que se poidan recortar.

Horario e lugar: sábado 22 de novembro, de 16:30h ás 20:30h no piso do Liceo Mutante (Rúa Rosalía de Castro Nº100, Pontevedra).

Prazas limitadas!

Inscripcións ó mail tecequetece@gmail.com

Vémonos este sábado, coleguis!

Guardar