Pero como? Que xa temos aí o frío e ti sen a túa bufanda DIY? Pois teño que dicirche que estás de noraboa! Este inverno poderás presumir de bufanda nova e de facela ti mesmo porque o Liceo Mutante dache a solución. Propoñémoste asistir ó noso Tece que Tece , o obradoiro de calceta e ganchillo que ofreceremos no local máis mutante. Sen necesidade de coñecementos previos, poderás tecer a túa propia bufanda e ganchillar un cesto molón en apenas seis sesións, disfrutando da charla e coñecendo xente nova.
Para
Cando quedamos? Tece que Tece será todos os luns a partir do 5 de novembro ata o 10 de decembro de 20:00 a 22:00 horas, todo por 15 €!
Hai límite de prazas así que non esquezas mandar un mail a tecequetece@gmail.com para te inscribir.
Agardámoste!
