16 marzo 2016

Oficina Arara + Transcendencia y Delirio + Radio Sonoplasmática + Instituto Sonográfico Tropical



sábado

Sábado 19 de marzo a partir das 17.00: Oficina Arara + Delirio y Transcendecia + Radio Sonoplasmática + Instituto Fonográfico Tropical

Amig@s, vaia sábado que nos vén enriba!
Temos de todo: exposición de cartaces, obradoiro de serigrafía, performance músico-teatral, un concerto de música experimental e unha incrible pinchada en vinilo.
Todo son proxectos radicados no norte de Portugal.
Vén todo explicadiño aquí abaixo:
Oficina Arara: Exposicón de cartaces + workshop libre/ sesión de creación colectiva:
É un estudo de artes gráficas equipado para traballar en serigrafía. É proxectado como un espazo autónomo e aberto de experimentación en torno á produción de cartaces, libros e outras creacións, tentando estabelecer unha relación directa, continua e ininterrumpida entre o acto de deseñar e a impresión.
Nesta ocasión teñen preparado ademais dunha exposición do seu traballo, un obradoiro:
Introdución á serigrafía/ Método Directo
Experiencias de deseño en alto contraste, recorrendo a técnicas de recorte e deseño-automático / Ensaios de memoria e sobreposición de distintas capas, explotando a combinación de formas impresas por cada participante / Exposición colectiva dos resultados
Obradoiro aberto a participantes de todas as idade
www.oficina-arara.org

Transcendencia y Delirio en nuestra última revolución liberal (Héctor Arnau e Angélica Salvi)
Trátase da presentación do libro «La Pasión del Hijo Apático» de Héctor Arnau.
Esta presentación faise mediante unha performance musico/teatral que se chama «Transcendencia y Delirio en nuestra última revolución liberal». Esta é a descrición exacta:
«Un personaxe chamado Transcendencia, bufón típico da literatura picaresca, reflexiona cómicamente nel mezzo do cammin sobre o Paso do Tempo, coas súas revolucións, os seus saltos cara a adiante, a súa pretendida continuidade ou circularidade e os seus lugares comúns, detallando no seu percorrido vital anécdotas familiares dos antepasados que o envorcaron cara á súa Angustia Actual. Nesta peregrinaxe de recordos sentimentais e políticos, moitas veces cantados, aparece en escena unha arpista extraterrestre chamada Delirio para pulsar as cordas que acougan, azoran e transportan con dozura ao protagonista cara a un novo desencanto das ficcións capitalistas: a Ilusión de Cambio. No malogrado equilibrio entre o verbo transformador e o abstracto silencio musical curativo liberaranse tamén vellos conflitos e novas certezas: as Políticas Liberais, por exemplo, a Compaixón, o Humanismo, a Solidariedade e a Publicidade,todas esas linguaxes nos que nos identificamos e recoñecemos»

Radio Sonoplasmática
Proxecto vido do apocalipse invasor dos campos electromagnéticos modernos, dúas mentes traumatizadas por este desastre artificial únense e presentan un ebrio imaxinario , froito dunha inxenuidade voluntaria e da procura do descoñecido.
Devaneos sonoros presentados en formato ‘programa de radio’ onde serán usados medios de transmisión contemporáneos e antigos, analóxicos e dixitais para mostrar raridades do futuro, arquivos perdidos do pasado, apropriacións ilícitas, desconstrución de discursos , Instrumentos musicais experimentais, audio-collages, versións escuras, técnicas de desorientación, plunderphonics, cut up, mensaxes subliminais….

Insitituto Fonográfico Tropical
O instituto fonográfico tropical é unha colección crecente de discos de vinilo que afloran nun contorsionismo musical entre dúas vogais, do semba para o samba, pasando un tramo de cúmbias, coladeras, soukous, e o diablo en saia con palmeiras.
http://i-f-t.github.io/

Guardar

Guardar