
Domingo a todo trapo no Liceo! Espabila que veñen Okkultokrati dende Noruega e Hongo dende Coruña para quentarnos as orellas. Única data en Galicia!
OKKULTOKRATI xa son uns clásicos dentro da escena internacional despois de catro discos nos que foron pulindo a súa mistura de black metal con punk, chegando ó cenit desta fusión coa súa última referencia «Raspberry Dawn», editado por Southern Lord Recordings (O selo de Greg Anderson de Sunn O))), referencia mundial da música extrema con cabeza e gusto)
https://okkultokrati.bandcamp.com/
Hongo levan dende o ano 2000 avasallando coa súa escura picadora de metal sludge-crust, e cinco discos e moitísimos concertos na chepa os teremos finalmente no Liceo!
https://fungivoro.bandcamp.com/
Decide o teu donativo entre 5 e 8 euros que irán íntegros para os artistas.
Abrimos portas ás 20.00, os concertos comezarán entre ás 20.30 e a as 21.00.