11 febrero 2019

OMA + G.W.Sok



OMAGWSOKPOSTERTOUR

Luns 18 de febreiro ás 20.30

Ai amigas, ás veces a vida é fermosa. E os luns podemos vivir experiencias incribles en vez de anodinos e grises comezos de semana.
O caso é que o histórico G.W.Sok, vocalista e letrista de The Ex por 30 anos (de 1979 a 2009) vainos visitar na compaña de OMA, un dos moitos proxectos nos que anda metido.
A tripulación, que inclúe membros dos ruidosos guitarreiros Action Beat e Bad Body, mistura samplers con electrónica viscosa,voces apaixoadas e ambientes fantasmais nunha viaxe auditiva alucinante de gran impacto emocional.
Veñen presentar o seu novo traballo editado pola mancuniana Tombed Visions. Neste, fan marabillas como ‘Aberfan’, cun texto de Jon Langford dos queridos Mekons, lixeiramente adaptado por Sok, que trata sobre os catastróficos eventos de outubro de 1966 nos que morreron 116 nenos e 28 adultos. Un narrador anónimo lembra os acontecementos dese día dende a súa ventaxosa posición no presente, as imaxes da devastación aínda están frescas na súa mente tanto como o trauma aínda non resolto ,envolto en tornados electrónicos.
Sok volve a liderar a carga en ‘Hospital’; mentres berra «¿Podes oír aos cans chorar de fame?» as percusións avanzan coma un loitador borracho loitando contra unha néboa de gas nocivo.
As voces douradas de Bianca Bibiloni (ala muerte) en ‘Black Mirror’ actúan como un antídoto para estas dúas pistas opresivas, combinadas cunha bruma de sintetizadores bañados polo sol, que apuntan a unha euforia lonxana e»Juno» abre o disco con sintetizadores guturais e ruidosos que avisan do que está por chegar.

https://tombedvisionsrecords.bandcamp.com/album/oma
http://druxat.nl/

Imos ter a sorte de poder gozar disto por só unha axuda entre 5 e 10 € destinada integramente aos músicos viaxeiros