Venres 29 de maio ás 20.00 : Ora Cogan + Querido Extraño
Este venres 29 preparamos unha velada na que son protagonistas diferentes versións da música popular e de raíz americana.
Dende a Canadá chega a innovadora cantautora Ora Cogan, coa súa evocadora voz e a súa forma de tocar a guitarra enraizada na tradición post-americana.
A súa música é expansiva. fermosa e etérea, facéndote sentir coma se estiveses tumbad@ nun bote de remos á deriva nun lago calmo durante a negra noite mentres se achega unha tormenta.
O personalísimo estilo vocal de Ora moitas veces é definido coma inquedante ou coma doutro mundo. A súa voz é impresionante e as súa letras invítan á reflexión máis profunda, rica e complexa; conmovedora e adictiva.
Para este akelarre de folk-noir Ora Cogan virá acompañada dunha sección rítmica all star formada por Marcos Junquera (Betunizer, La Orquesta del Caballo Ganador, A veces ciclón) e Xavi Muñoz (Laetitia Sadier, A veces ciclón)
http://www.oracogan.com/
https://oracogan.bandcamp.com/
Abrindo a velada estará Querido Extraño, proxecto no que Arturo, incansabel figura da escena pontevedresa, dá saída aos seus temazos de horror folk que beben dos mellores mestres e nos que aborda temáticas fronteirizas, biblicas, románticas, terroríficas e mortuorias
https://queridoextranho.bandcamp.com/
A entrada só custará 5€ destinados integramente aos músicos. Coma sempre haberá comida e bebida a prezos (máis que) populares.