3 abril 2012

Orquesta Metamovida no Liceo Mutante



Que que é a Metamovida?
Me cago en la leche, Merche, se non sabes isto a estas alturas estás máis off que o Tigretón.
A Metamovida é un colectivo con sede nalgún pobo a medio camiño entre Pontevedra, Vigo e A Cañiza, conformado por músicos e artistas dalgunhas das mandangas máis finas do noroeste: Cró, Unicornibot, Buogh!, Why Go, Es Un Arbol, Durarará, Guerrera, os fotógrafos David Tombilla e Borja Fernández…

Mira, teñen unha páxina web con frames dinámicos e todas esas polladas modernas, que é a vaina.
http://www.metamovida.org/

E, digo eu, que se trae entre mans esta peña á parte de quedar para xogar ao bádminton e ao xadrez?
A Metamovida ten un soño, e é publicar un disco recompilatorio que recolla as inquietudes dos seus integrantes, e poida servir como vehículo para recoller un momento histórico na vida de todos os seus membros. E todo isto mediante crowdfunding, é dicir, mediante achegas libres nas que ti mesmo podes participar. Bonito, eh?
http://www.verkami.com/projects/1469-disco-recopilatorio-del-colectivo-metamovida

E entón, que carallo é a Orquesta Metamovida?
Pois ben, o Colectivo Metamovida é a bolboreta, pero o capullo é a Orquesta doa Metamovida, unha reunión dos músicos de todas estas bandas incribles improvisando baixo as ordes dun director.

Todo isto con entrada gratuíta, nunha noite de Semana Santa no noso amado Liceo, para gozar todos dunha noite paradisíaca, regada polos viños da terra e acaricida pola brisa case estival.

Ven a gozar ao Liceo!