1 septiembre 2014

Orquesta Metamovida



10628630_688560724553303_4568365406081840790_n

Xoves 4 de setembro ás 20.30: Orquesta Metamovida

– A ver meu, que o xoves temos movida.

– ¿De que falas?

– Pois de que a Orquesta Metamovida retorna ó seu centro de operacións.

– ¡Aclárate pailán!

– ¡A Orquesta Metamovida! ¿Non a coñeces? Está formada por membros de Cró, Guerrera, Unicornibot, Why Go, Trilitrate, Durarará, Es un Árbol, Buogh! e Pálida. Xúntanse para improvisar dunha forma conducida, é dicir, con xestos e memorias programadas. Ademais auto-editan, programan, fan ruído, montan festivais… O último que montaron na Capitol de Compostela foi brutal. Mira, pásoche un par de vídeos polo messenger:


– Ten boa pinta… ¿A que hora comeza a mandanga?

– Pois sobre ás 20:30 e por só 4€ (de donativo para os músicos) no Liceo Mutante. Ademais alí teñen bebida a prezos tirados e tócalle a Fan facer a cea así que seguro que hai cous-cous para cear.

– ¿Outra vez?