8 julio 2019

Orquestra da Metamovida



orquestra da metamovida

Sábado 13 de xullo ás 20.30

Están de volta! A Meta está de volta! Este xa mítico colectivo de improvisación conducida volve aparcar a súa nave no Liceo Mutante o sábado 13 de Xullo!

Xa as coñeces de seguro, todo o mundo ten un familiar que ten un amigo que a súa amiga participa neste colectivo, porque a Orquestra Metamovida son moita peña, moitísima, peña de moi diversas casas como diola, Cró!, IGMIG, Corvax, Loiros, BALA, Guerrera, Tilitrate, Modulador de ondas, e un millón máis….incorporando novas músicas en canto teñen oportunidade, non pararán ata que todo sexa Meta, porque o amor colectivo hai que compartilo!

Xa sabes como vai o asunto: colócanse todas no escenario, a persoa encargada de conducir a improvisación vai diante delas de costas ao público, e a partir de aí, deixan libre a súa imaxinación para crear pezas cheas de beleza e intensidade, para que afogues neste mar de son que tan ben saben facer!
Velaquí un exemplo: https://www.youtube.com/watch?v=WDvciSZe-qk

Vaia, que non hai mellor plan que vir ao Liceo a vivir esta experiencia e desfrutar do xardín, pero o petróleo estase a acabar e a gasofa non é nada barata, por iso pediremos un donativo de entre 5 e 10 euros á túa elección, para que poidan coller o coche de volta as súas casas!