1 octubre 2018

Orquestra Metamovida e Inhumankind



meta

Venres 5 de outubro ás 20.30

Parece que foi onte cando comezaron a tocar, pero o 5 de outubro a orquesta estará de aniversario. ¡10 anos de Meta! Tres séculos xa de accións sonoras para achegar a improvisación máis rockeira ás nosas vidas. ¡Ven a celebrar o primeiro lustro da Orquestra ó Liceo! E por se fose pouco contarán coa presencia de Inhumankind, a banda barcelonesa de ¿¿¿”Death metal acústico”??? ¡Non deixes que cho conten, porque non saberán! ¡”XXV aniversario Metamovida”! *Ollo á espumeada de cartel de Paulo Pascual. ¡IMOS!

A Meta!:
http://www.metamovida.org

Inhumankind!:
https://i-voidhangerrecords.bandcamp.com/album/self-extinction

Ven desfrutar desta máxica velada aportando un donativo de entre 5 e 8 euros íntegro para as bandas, no teu lugar de encontro favorito chamado Liceo Mutante!