25 enero 2015

Orthodox + Dead Neanderthals



10271605_968670113160433_6320836681709743547_n

Este mércores 28 vai ser unha noite desas que lembramos cun sorriso de orella a orella, cando nun raro día no medio da semana recibimos a uns amigos que veñen de bastante lonxe e convirten ao Liceo nun lugar no que o tempo se detén.

Os amigos, coma sempre, son de categoría: Orthodox e Dead Neanderthals

Dende Sevilla veñen Orthodox, unha das bandas máis arriscadas do underground metálico estatal.
Activos dende o 2014, a súa proposta nace enmarcada no doom metal para desbordalo totalmente con influencias do free jazz, do drone, do stoner ou do folklore relixioso.
Nunha música baseada en repeticións hipnóticas de cuasi mística intensidade e ritmos aletargados e lentos .
Participaron en festivais internacionais como Hellfest, Roadburn, Supersonic ou Primavera Sound e colaboraron con artistas tan dispares como o músico e escritor Julian Cope, o bailaor Israel Galván ou cantantes de flamenco como Terremoto ou Inés Bacán. Acumulan unha extensa discografía formada por catro álbums, ep’s, casetes, etc…
Na actualidade funcionan como dúo aberto a todo tipo de colaboracións e experimentos seguindo a natureza ecléctica e impredicible que sempre formou parte da idiosincrasia da banda.
http://orthodoxband.bandcamp.com/

Dead Neanderthals veñen dende Nijmegen, Holanda, nesta xira en formato trío acompañados polo saxofonista inglés Colin Webster. Son polo tanto, dous saxos frenéticos e histéricos e unha batería que toca á velocidade do punk.
O seu lema é: “FUCK conventions and FUCK expectations”
A súa música foi descrita como unha mistura de Painkiller con Peter Brötzmann, na que o free jazz incorpora elementos do punk, do drone, do grindcore ou do noise.
Despois de xirar varias veces por toda Europa editaron o seu último disco Grime co selo francés Gaffer e supón a súa “declaración definitiva“ asemade “unha chamada de atención para todos os que pensaban que o free jazz era unha arte moribunda” Unha soa peza, implacabel, sen solos nen interludios que nos permitan tomar aire.
https://deadneanderthals.wordpress.com/
http://deadneanderthals.bandcamp.com/album/prime

A axuda para as bandas é de 6 €