4 diciembre 2018

Pablo Prisma y las Piramides + Tulip



pablo prisma

Xoves 6 de decembro ás 20.30

PABLO PRISMA Y LAS PIRÁMIDES (Madrid)
Asusta mirar o CV de Pablo: Bicicross, Smoking Room, Ensaladilla Rusa, Prisma en Llamas (ós que tivemos a fortuna de ver no seu día no Liceo)… Proxectos moi dispares eles, pero cun par de características en común: o amor incondicional polo pop máis experimental e o seu incorruptible espírito DIY. O certo é que, dende hai xa anos, é un referente clave, case sempre na sombra, para comprender a escea das catacumbas madrileñas. Las Pirámides son nin máis nin menos que o seu vello amigo e fenomenal cantante Javi, co que compartira proxecto en Bicicross e en Smoking Room. Veñen presentar «Grandes felinos fantasma» (Discos Walden & Afeite al Perro 2018), un disco que soa a conto de medo con final feliz, un pasadizo a un mundo de fantasía que se convirte en po en canto se quere poñer un pe nel. A modo de curiosidade, sinalar que o LP contén «Criptozoología», auténtico hit subterráneo que aparecera no seu día no disco homenaxe ó debuxante Nicolás editado tamén por Afeite al Perro e Discos Walden.

https://discoswalden.bandcamp.com/album/grandes-felinos-fantasma

ENTREVISTA A PABLO PRISMA. LUZ BLANCA Y POP ARTESANAL.


TULIP (Vigo)
Tulip son algo así coma un dream team do underground vigués. Nas súas filas militan figuras que no seu día pasaron por proxectos como Fantasmage, Wild Balbina, Seda, Dois ou Mvnich (agüita!). Practican un pop amable, directo, sen voltas nin caralladas no que non falta nin sobra nada. Con semellante aliñación e semellante táctica, é imposible que nada saia mal. Traen ó Liceo o seu EP homónimo estreado este mesmo ano.

https://tuuulippp.bandcamp.com/releases

Como é condición no Liceo, a entrada (entre 5 e 10€ a vontade) irá integramente destinada ós artistas.