26 septiembre 2016

Pablo und Destruktion



pablound

Sábado 1 de outubro ás 20.45: Pablo und Destruktion

PABLO UND DESTRUKTION

Acaba de chamarnos, ferido polos resultados das eleccións autonómicas. Hai un latexo primario e gayegu no peito do bardo astur.

Vén ao Liceo a explicarnos a bulla que tivo con Atresmedia e a ensinarnos os cardenais de cando tivo sopapos coa SGAE. Está pletórico, non ten teito, lo rompe todo. Pablo, ensínanos a amar o que hai que amar.

Xa viu máis veces, furtiva e sagradamente, pero agora é máis forte e máis sabio. Veñen 3, power trio, e pinta que vai ser histórico.

HISTÓRICO


https://pablounddestruktion.bandcamp.com/album/vigorexia-emocional

Todo polos 5€ de sempre, que irán para costas de xuizos contra entidades malignas e para brindar pola vida.

A veces la vida es hermosa, amigas!

Guardar