Tachán! Aquí volven os de Pábulo Teatro para traerlle espectáculo ao Liceo Mutante co seu novo traballo «Satpatawish» ou «Síntese acerca das tribulacións filosóficas teórico prácticas de Sir William Shakespeare e o seu impacto no hoxe». Sisi, non é fácil de dixerir así de primeiras pero tranquilo, aquí do que se trata é de que te deixes levar con esta xente que traballa co mínimo material e a máxima potencia escénica.
Neste novo proxecto, ademáis, a música está presentada da man dos propios actores que «crean personaxes sonoros que favorecen o discurso da obra».
Compartirán con nós de maneira distendida a crítica do escritor inglés e a súa función como director e creador dramatúrxico reformulando, eu que sei, todo! Poñerán esa sal e pementa xustas para que non queiras deixar de saborealos.
Abriremos portas as 20:30 e comezaremos sobre as 21:00 horas.
Coma sempre, pedirase un donativo na porta de entre 5 e 10 euros, íntegro para as artistas. Aquí vos esperamos, en Rosalía de Castro nº 100