19 mayo 2015

Pálida + The Vog



10982427_354379871424083_8645912512299202872_n
11073353_603824963083494_4661273069303827044_n

Sábado 23 de maio ás 20.00: Pálida + The Vog

THE VOG:
Na xuventude está o bonito, “sensación de vivir”. Fer e Rodrigo bástanse eles sós para sacar un proxecto de kraut electrónico moi ligado ás bandas de shoegaze/postpunk dos 80. Ten boa pinta, xa veredes! Van presentar o seu novo EP “Absence” recén saído do forno.

Podedes escoitalo aquí: http://thevog.bandcamp.com/

PÁLIDA:
Nelo é amor. Amor polo que lle pon interese e amor para o resto. Debe ser por iso que forma parte da Metamovida ou que xa espallou pola península o seu proxecto en solitario. E é que Pálida é un proxecto completo, que percorre todo tipo de movementos dentro da electrónica. Será unha viaxe fermosa.

Escoita aquí: http://palida.bandcamp.com/
O meu preferido: http://palida.bandcamp.com/album/sketches

Mírao así: 5€ por escoitar dúas bandas con moito potencial, pasar unha tarde de sábado entre os teus, refrescar a gorxa, voltar ceado a casa e ser un pouquiño máis feliz.

Apertura de portas: 20:00h